A intensidade na música
![Corazón](corazon.png)
O pulso é o latexo da música. Coma se dun corazón se tratara, o seu latexo segue un ritmo constante que nunca se detén. Xa coñecemos o metrónomo, ese aparello que empregamos na unidade anterior para establecer un pulso cando tocamos e evitar así variacións no tempo. Pois ben, a maior parte das cancións coñecidas (non todas) empregan un pulso determinado e tamén un compás. O do pulso está claro pero vos preguntaredes... que é iso de compás? Ten que ver coa agrupación do número de pulsos, e para diferencialos acostumamos a otorgarlle más intensidade a algúns que a outros, de maneira que cando o escoitamos algúns teñen máis presenza (soan máis forte) que o resto permitindo diferencialos. Desta maneira obtemos pulsos fortes (contan con máis intensidade) e pulsos débiles (contan cunha intensidade menor) que serán de vital importancia para determinar o compás musical.