Agora que xa temos claro que é unha banda sonora e a importancia que ten, imos a centrarnos en deseñar unha propia. A idea é ambientar unha curta animada chamada "The Skeleton Dance" pertencente á colección "The Silly Symphonies" creado e dirixido por Walt Disney no ano 1929. Prestade especial atención a relación entre a imaxe e o son, e a combinación que se da entre o movemento e o son preciso.
Chegados ata este punto, é momento de crear a nosa propia obra! Para conseguilo, empregaremos a mesma dotación instrumental que precisamos no conto sonoro.
O obxectivo da actividade é ambientar esta curtametraxe ao noso gusto, e pódese facer individualmente, en pequenos grupos de traballo ou ben en gran grupo. Para iso reproduciremos o vídeo sen son (conseguirémolo picando no altofalante situado na marxe inferior dereita e anulando o son). É moi recomendábel elaborar unha listaxe previa na que se recollan os intrumentos que se empregarán para acompañar a cada personaxe animada xunto co nome da persoa encargada de tocar cada un deles. Desta maneira evitaremos trabucarnos na práctica!
A dotación instrumental recomendada é a seguinte (facer clic no despregable):
Dotación instrumental de aula (Orquestra escolar Orff)
Obxectos sonoros
1.- Pau de chuvia.
Altura determinada
2.- Frauta de émbolo.
3.- Frauta doce.
Altura indeterminada
4.- Pito
Percusión de altura indeterminada (IPAI)
5.- Triángulo
6.- Maracas
7.- Paus rítmicos
8.- Axóuxeres
9.- Pandeireta
10.- Pandeiro
11.- Pratos
12.- Caixa china
13.- Claves
14.- Crótalos
15.- Temple Block
16.- Bombo
Percusión de altura determinada (IPAD)
17.- Xilófonos
18.- Metalófonos
19.- Carillóns
De seguido déixovos como inspiración unha creación levada a cabo por nenos e nenas de primaria e baseada neste mesmo curto, sobre o que se gravou un audio novo empregando diferentes recursos instrumentais e materiais. Agardamos que vos guste!