A música no cine
Como acabamos de ver na actividade anterior, o son pode ser un elemento moi importante para ambientar un conto, unha historia ou un relato. En definitiva, a música e as palabras sempre se levaron ben. Pero que tal será a relación entre o son e a imaxe? Ímolo comprobar de seguido!
Seguramente todos e todas seríamos capaces de recoñecer unha película sen necesidade de abrir os ollos, tan só escoitando a súa banda sonora. O certo é que en ocasións a propia música chega a acadar máis fama que a parte visual. Non me creedes?