"Oda a alegría" (L.V. Beethoven)
Ludwing van Beethoven (1770 - 1827) foi un afamado compositor alemán de música clásica. A peza que imos a interpretar a continuación corresponde a parte final coral da súa 9ª Sinfonía (a última que escribiu completa), sen dúbida unha obra mestra da historia da música que se converteu en todo un himno a liberdade incluso séculos máis tarde ata o día de hoxe.
No seguinte audio podedes escoitar un fragmento da obra sen necesidade de descargala, ou se o preferides podedes visualizar a súa representación en directo nun Flashmob levado a cabo en Nüremberg (Alemania) no ano 2014, onde é evidente o poder que ten a música para transmitir sentimentos.
Se queredes saber máis sobre a vida deste compositor, recoméndovos que non vos perdades o seguinte vídeo complementario:
