Saltar navegación

SONOCOLORES

DESCIFRAMOS O CÓDIGO DE CORES

candados cores
Nadia-Szopinska (Pixabay) (CC BY)



Agora que xa coñecemos o nome de cada unha das notas que compoñen a escala musical e o lugar que ocupa no pentagrama, é momento de descubrir cal é o código de cor segredo que empregaremos para traballar con elas. Para resolver o enigma e poder interpretar a canción desta unidade, deberedes completar a seguinte actividade. Non perdades ollo! 

COMPLETA A MENSAXE

NOTAS SEN NOME
Wikimedia Commons (modificada por Iván Suárez) (CC BY-SA)


Pon moita atención para encher os ocos da mensaxe empregando toda información que aparece na imaxe, xunto con todo o aprendido ata agora sobre a escala musical. 

Unha vez finalicedes podedes comprobar as respostas.

As notas musicais se poden ordenar no , que é a casiña das notas e está formado por cinco liñas e espazos. Todas elas reciben un nome propio, que as diferencia das demais, pero a partir de agora tamén lle imos atribuír unha cor particular de maneira que cada nota se identificará sempre con esa mesma cor. Comezamos:

A primeira nota da escala é  , que é a máis grave. Leva unha liña adicional xusto polo medio e a súa cor é .

A segunda nota por orde ascendente é o , que se sitúa por debaixo da primeira liña e a súa cor é .

Na primeira liña, de cor atopamos a nota , a terceira da escala.

Xusto por enriba, no primeiro espazo está o , pintado de cor .

A nota , de cor azul, podemos atopala na segunda liña, e chámase así porque se sitúa sempre na liña que vai na barriguiña da CLAVE DE SOL, ao comezo do pentagrama. 

No segundo espazo vai a nota , de cor , que é a última que ten a plica (o palito que lle sae da cabeza) cara arriba.

Xusto despois, se seguimos subindo chegamos ata a nota na liña, que é de cor e é a derradeira das sete notas que compoñen a escala musical.

Por último, volvemos a atopar unha nota que xa coñecíamos do principio do pentagrama, aínda que nesta ocasión en vez de chamarse DO GRAVE chámase .

Habilitar JavaScript