MÚSICA E TECNOLOXÍA
Se non tedes un instrumento a man, non vos preocupedes, imos a visitar un instrumento virtual moi divertido que vos permitirá tocar a peza sen ningún problema!
Trátase dun proxecto dixital encadrado no repositorio musical de CRHOME MUSIC LAB (Laboratorio Musical de Google Chome). É totalmente gratuito e non precisa rexistro, polo que todas as súas ferramentas se poden usar en aberto. Neste caso empregaremos o seu PIANO (facer clic no enderezo). O seu funcionamento é moi sinxelo, simplemente temos que situar o cursor sobre as teclas que queremos facer soar, e facer clic no momento preciso. O código de cores que emprega é o mesmo que miramos anteriormente.
No seguinte vídeo tedes unha pequena demostración, xunto co metrónomo como apoio para poder levar o tempo sen despistarse!
METRÓNOMO:
VÍDEO TITORIAL: