SEGUIMOS AS ONDAS SONORAS
Agora que xa coñecemos de primeira man as direccións e a altura do son, imos a realizar unha nova actividade. Desta volta escoitaremos unha nova secuencia, e empregando material de debuxo (un lapis e un caderno, ou ben algún programa dixital) deberemos plasmar o que escoitemos no papel seguindo a dirección do son. Para iso cumpriremos as seguintes regras:
- Non podemos levantar a punta do lapis do caderno mentres escoitemos o son, a non ser que o son se corte (silencio) ou se desprace saltando.
- Se o son se fai máis agudo a liña deberá subir, e polo contrario se o son é máis grave a liña ten que baixar.
- Debemos prestar atención a duración do son, que será igual a lonxitude da liña.
- Ah! E unha última cousa... se o son permanece sen moverse pois a liña será horizontal, claro.
Semella algo difícil... pero é moi sinxelo, xa veredes! Primeiro imos a escoitar o son:
Prestaremos atención aos cambios de altura que fai o son, que crearán as curvas e a dirección da nosa liña, de xeito que neste caso a obra mestra quedaría da seguinte maneira: