Saltar navegación

A MÚSICA E AS CORES

A MÚSICA E AS CORES!

ARCO DA VELLA MUSICAL
Katemangostar (Freepik) (CC BY)

Imos comezar esta unidade comparando a música co arco da vella. Semella unha tolería, non si? O certo é que teñen moitas cousas en común. Como xa sabedes a escala musical está formada por unha serie de notas, que de maneira ordeada soben e baixan, do mesmo xeito que o arco da vella está formado por moitas cores que aparecen sempre seguindo a mesma orde. Pero... que acontecería se xuntamos as dúas cousas e pintamos as notas musicais coas cores do arco da vella? Imos a velo, non perdades ollo!