Saltar navegación

A MÚSICA É UN TOBOGÁN

A ALTURA como calidade do son

Tobogán musical
BRGFX (Freepik) (CC BY)

Antes de poñernos mans a obra coa pintura e o pincel, cómpre saber de antemán que dirección imos tomar. Porque no tobogán do son, as cousas sempre poden subir ou baixar de maneira inesperada. Cando un son sobe ou baixa dicimos que varía a súa altura, unha das catro calidades do son. Se o son ascende se modifica e convértese nun son agudo, e cando descende transfórmase nun son grave.

Aquí tendes un pequeno exemplo sonoro de como un son pode modificar a súa altura subindo ou baixando.

  • O son sobe; comeza grave e faise máis agudo.        
  • O son baixa; comeza agudo e convértese en grave.

Se tiveramos que debuxar en forma de tobogán o que fai o son, nos atopariamos cos seguintes debuxos:

No primeiro caso, cando o son sobe, a liña do tobogán tamén o fai:           Tobogán sube

No segundo caso, o tobogán comeza arriba e remata abaixo, baixando coa música: Tobogán baixa