Saltar navegación

A ESCALA MUSICAL

AS NOTAS FORMAN UNHA ESCALEIRA

Escaleira de cores
BRGFX (Freepik) (CC BY)

Unha vez que temos clarísimo que o son pode subir ou baixar, imos voltar de novo co tema que nos ocupa; o arco da vella. Si, o que víramos ao comezar esta unidade... espero que non o esquecérades! Pois ben estabamos a falar da relación que existe entre a música e as cores, e desta volta o imos a demostrar! 

Como xa comentaramos, cando as notas musicais suben ou baixan xuntiñas forman unha ecaleira, que recibe o nome de escala musical.

Aquí a podedes ver o lugar que ocupan no pentagrama:

Escala musical
Maxpixel (CC0)



ORDENAMOS A ESCALEIRA

De súpeto semella que esquecín como ían situados os chanzos que forman a escaleira... e é moi importante saber onde pisamos para poder avanzar. Poderías axudarme a ordenalos atendendo ao nome das notas?

  • DO
  • RE
  • MI
  • FA
  • SOL
  • LA
  • SI

Comprobar

Ben feito!

Síntoo... a resposta correcta é: DO-RE-MI-FA-SOL-LA e SI

O SON DE CADA NOTA

Cada unha das notas que compoñen a escala musical ten un son único, que o diferencia do resto e nos permite poder identificalas simplemente escoitándoas sen necesidade de usar os ollos. O son de cada unha ten que ver coa súa altura, que como xa sabemos é a calidade que nos indica se un son é agudo ou grave.

Cada nota soa diferente, por iso cada unha das notas se sitúa nunha parte concreta do pentagrama e recibe un nome propio para distinguila das demais. Imaxinemos pois que o pentagrama é a casiña das notas; pois ben medida que subimos os pisos do pentagrama as notas serán máis agudas, e polo contrario cada vez que baixamos o son convertirase en grave.

Na seguinte imaxe podedes ollar un exemplo moi gráfico:

ESCALA MUSICAL CON NOMES
Iván Suárez (CC BY)



Tamén podemos escoitar como soa esta mesma escala facendo clic no seguinte audio:

ESCOITAMOS BEN ANTES DE COLOCAR OS PÉS

Pregunta

Neste exercicio imos a escoitar tres das sete notas que compoñen a escala: DO, MI e SOL. 

NOTA DO:  

NOTA MI:  

NOTA SOL: 

A mala noticia é que non sempre van a aparecer por esa orde, e debemos escoller a opción correcta de entre diferentes alternativas. Imos aló!

1.- Primeiro audio:


Respostas

DO-MI-SOL

DO-SOL-MI

SOL-MI-SOL

Retroalimentación

Pregunta

2.- Segundo audio: 

Respostas

sol-mi-do

sol-mi-sol

do-sol-mi

Retroalimentación

Pregunta

3.- Terceiro audio:

Respostas

sol-sol-mi-sol

do-sol-mi-sol

sol-mi-sol

Retroalimentación

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

0:15
00:15
Ilimitado
Ilimitado
cascos de música
BRGFX (Freepik) (CC BY)



Traballando en parella ou en pequenos grupos, imos a por a proba a nosa destreza auditiva! Para levalo a cabo precisaremos un instrumento de altura determinada (coma un xilófono, metalófono ou un piano) que sexa capaz de tocar as notas DO-MI-SOL. Se non temos ningún a man non vos preocupedes, a continuación se amosan audios das tres notas musicais, de maneira que podedes tocar virtualmente e interactuar con elas escollendo a orde que desexades.

O funcionamento da tarefa é moi sinxelo: 

Estableceremos turnos para tocar, de maneira que primeiro será un integrante do grupo o que escollerá a orde das notas a interpretar mentres os demais teñen que adiviñar a orde.

A dificultade será progresiva, é dicir, o número de notas que executamos en cada intervención poderá aumentar en función da nosa capacidade auditiva e memoria. Comezaremos primeiro facendo series de tres notas... e ata onde cheguemos!

Mentres o/a intérprete realiza a súa secuencia de notas, o resto de integrantes as escribirán nun pentagrama para poder corrixilo ao final. O pentagrama pode descargarse como ficheiro adxunto nesta mesma páxina simplemente clicando na dirección da imaxe. 

Creandopartituras.com (CC BY)

Tamén está dispoñíbel con guións para facer apuntamentos de ser preciso.

Creandopartituras.com (CC BY)

As persoas que escoitan deberán ser capaces de reproducir despois a secuencia que escoitaron empregando un instrumento de altura determinada (ou o audio dixital) para comprobar que soa igual. Moita sorte!