Saltar navegación

Temperatura e clima

- Cunha temperatura moi baixa o grao de elasticidade muscular minguará, e pola contra aumentandoa sempre acadaremos unha maior flexibildiade. Así non é o mesmo practicar os exercicios de flexibildiade no verán que no inverno, ao igual que tampoco a primeira hora do día que polo noite, debido á inactividade muscular despois da fase de sono. 

- En climas fríos será máis necesario quecer para acadar un grao de flexibilidade óptimo, mentras que nos máis cálidos será máis sinxelo acadalo.

- A propia temperatura dos músculos condiciona o seu rendimento, polo que os exercicios de quecemento dos mesmos, antes da actividade física principal axuda a mellorar a flexibilidade.

- Os exercicos de quecemento son fundamentais para a preparación para calquera actividade física xa que con eles conquerimos o aumento da temperatura corporal, o aumento da frecuencia cardíaca, e da progresión da alongación dos músculos e posta en acción das articulacións(de menor a maior intensidade).