ESTÁTICA
A flexibilidade estática a podemos comprobar nos estiramentos máis practicados, tamén chamados pasivos, que son aqueles en que mantemos os músculos e os tecidos conxuntivos en posicións fixas no punto máximo de elongación durante un período considerable de tempo, levando a articulación ao punto máis próximo ou alonxado ao límite da súa mobilidade(na que podemos manter a posición durante uns segundos). Ao permanecer na postura mencionada, os reflexos musculares detectarán a presión sobre os tecidos e axudarán a relaxarse. A práctica destes exercicios favorece o aumento da amplitude do movemento e da propia modalidade das articulacións que precisan un bo estado da elasticidade.
Fotografías dunha alumna exercitando a flexibilidade nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0