Articulacións
A capacidade da flexibilidade depende e está condicionada totalmente polos ósos, articulacións, tendóns, músculos e ligamentos que conforman o noso aparato locomotor e permítenos a mobilidade.
Repasemos os conceptos básicos.
Unha articulación é o medio de contacto que fai a unión entre dous ou máis ósos próximos e a súa función máis importante é a de constituír puntos de unión do esqueleto e producir movementos mecánicos, proporcionándolle elasticidade e plasticidade ao corpo.
A articulación do cóbado artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión. A articulación do cadril é entre o fémur e a pelve e a súa principal función é soportar o peso do corpo en posturas estáticas(de pé) e dinámicas(camiñando ou correndo). Como vemos na imaxe é do tipo esferoide. Na articulación do xeonllo interveñen tres ósos:fémur, rótula e tibia. É unha articulación bicameral, con movementos de flexión-extensión e rotación interna-externa. As do pescozo, ombreiro, nocello e pulso son outras das articulacións móbiles ao igual que as das falanxes de dedos das mans e dedas dos pés.
arquivo con imaxes presentes en eu.wikipedia.org de dominio público CC
|