- O noso estado de ánimo tamén condiciona a nosa capacidade de estiramento, xa que a flexibilidade está directamente relacionada coa relaxación, e cando padecemos nunha situación de estrés prodúcese unha maior rixidez ou contracción muscular que limita máis a nosa elasticidade.
- En xeral todas as enfermidades poden afectar negativamente a esta capacidade, pero especialmente aquelas ligadas aos síntomas e patoloxías(propias dos músculos, tendóns, ligamentos, ósos e articulacións), tales como as reumatoides, como a artrosis e artitris. Estas patoloxías impedirán a propia amplitude nos movementos ou mesmo a articulación dos mesmos motivados pola dor.
- Todas as lesións musculares e articulares, así como as fracturas impedirán a execución dos exercicios de flexibildiade.
