Actividade de lectura
FLEXIBILIDADE |
A flexibilidade é a capacidade de realizar movementos coa máxima amplitude posible en cada unha das articulacións do noso corpo. É a única capacidade que, en lugar de ir desenvolvéndose durante o crecemento, vai ir diminuíndo de forma progresiva dende o momento do noso nacemento, polo que a práctica de exercicios específicos e de actividades deportivas poden minguar ou retrasar a súa perda ao longo da nosa vida. |
- Como sabedes, as articulacións son as unións entre dous ou mais ósos e son os lugares onde se produce o movemento. Hai articulacións que pola súa forma pódense mover moito, como a do ombro ou a cadeira e outras, que se moven menos, como as articulacións entre cada unha das vértebras. Incluso hai articulacións que non se moven nada, como as do cranio. Así pois, a forma que teñan xa limita ou favorece a movilidade. Falamos de mobilidade articular ou capacidade que teñan as articulacións para moverse máis ou menos
- Os músculos son elásticos, é dicir, son capaces de estirarse e unha vez que cese a forza que os deforma, volver á situación normal. Se habitualmente tentamos estirar os músculos, cada vez serán capaces de conseguir maiores amplitudes de movemento xa que serán capaces de deformarse máis. Falamos de elasticidade muscular ou capacidade que teñen os músculos de alongarse e contraerse.
Fotografías dunha alumna exercitando a flexibilidade nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0