Saltar navegación

5.6.- Creando contidos Web

Debuxo dun teclado de ordenador conectado a un documento en blanco sobre o que actúan unha pluma, un punteiro, unha regra e un lapis.
Giselle Bordoy WMAR en Wikimedia Commons. Digitalization liberation and creating content (CC BY-SA)

As páxinas Web son documentos escritos usando un linguaxe chamado HTML (Hyper Text Markup Language), que significa linguaxe de marca de hipertexto. O HTML é un idioma que nos permite editar documentos utilizando etiquetas chamadas marcas.

Unha páxina Web pode ser integrada por numerosos recursos multimedia: imaxes, sons, animacións, vídeos, ligazóns a outras páxinas ou recursos, etc.

Un sitio Web é un conxunto de páxinas Web vinculadas ás que se accede a través da mesma URL. O sitio agrupa as páxinas ao redor dun asunto común. Parte dunha páxina de inicio que da acceso mediante hipervínculos a outras páxinas.