HTML , HyperText Markup Language (linguaxe de marcas de hipertexto), é a linguaxe de marcado estandarizado específica para a creación de páxinas Web. A definición e mantemento do estándar HTML corresponde á fundación World Wide Web Consortium ( W3C )
Esta linguaxe estándar é a empregada na visualización de páxinas Web que empregan todos os navegadores na actualidade. A última revisión da linguaxe é o HTML5.