Consorcio World Wide Web ( W3 C)
A entidade World Wide Web ( W3 C) é un consorcio internacional que desenvolve os estándares Web. Os estándares que publica son empregados de xeito xeneralizado. A estandarización na que traballa agrúpase nas seguintes categorías:
- Deseño e aplicacións Web.
- Arquitectura Web.
- Web semántica.
- Tecnoloxía XML.
- Web de servizos.
Guías sobre accesibilidade
As seguintes guías editadas polo Consorcio W3C explican os principios de accesibilidade que debemos ter en conta ao crear páxinas e sitios Web.
- Guía Breve de Accesibilidad Web: “Guía Breve de Accesibilidad Web”, [En liña]. Dispoñible: https://www.w3c.es/Divulgacion/GuiasBreves/Accesibilidad.
- Introducción a la Accesibilidad Web: “Introducción a la Accesibilidad Web”, [En liña]. Dispoñible: https://www.w3c.es/Traducciones/es/WAI/intro/accessibility.
- Para comenzar: Creando un Sitio Web Accesible: “Para comenzar: Creando un Sitio Web Accesible”, [En liña]. Dispoñible: https://www.w3.org/WAI/gettingstarted/Overview.html.es.
Comprobar a accesibilidade
Para avaliar a accesibilidade dun documento Web, temos ferramentas de autoavaliación que analizan o código e verifican o cumprimento dos estándares Web.
As ferramentas de avaliación automática máis coñecidas son:
Aínda que estas ferramentas fan as probas moito máis fáciles, é necesario acompañalas cunha análise manual con sentido común.