Saltar navegación

5.5.2.- Principios de accesibilidade Web

Existen catro principios fundamentais sobre os que se basea a accesibilidade Web:

  • Perceptibilidade : todo o contido dun documento Web debe ser perceptible para os usuarios.

  • Operabilidade : todos os elementos da interface teñen que facilitar a interacción.

  • Comprensibilidade : todo o contido ofrecido debe ser doado de entender.

  • Robustez: Todo o contido debe ser o suficientemente robusto como para soportar unha ampla gama de tecnoloxías e dispositivos futuros.

(En  “Accesibilidad: una web para todos”, [En liña]. Dispoñible:  http://www.fundeu.es/escribireninternet/accesibilidad-una-web-para-todos/. (CC BY SA))

Letreiro co rótulo "Accesibilidade Web" acompañado por dispositivos móbiles e ornedanor portátil cunha figura no interior cos brazos e pernas abertos. Á dereira un conxunto de iconos: man, ollo, orella e letras.
Manuel Torres Búa. Accesibilidade Web (CC BY-SA). Empregáronse as imaxes: 
iphonedigital en FlickrLa accesibilidad en iOS 10 y macOS. (CC BY SA). Maiconfz en Pixabay. PC-tablet-phone. (CC0). Clip Arts FreeStickman Celebrating. Licenza Clip arts free uso libre.