Saltar navegación

5.4.1.- Principais características

Ilustración dunha páxina de documento con código HTML

A linguaxe HTML define unha estrutura básica e un código (código HTML) para a definición do contido dunha páxina web, como texto, imaxes, vídeos , ...

Baséase no principio da diferenciación. Os elementos que se engaden á páxina que non son texto (imaxes, vídeos, obxectos,…) referéncianse no código mediante a descrición da súa localización. O código da Web é un arquivo que contén só texto plano, mentres que a inserción dos elementos referenciados na Web a realiza o navegador Web.

Pódese dicir o seguinte sobre a linguaxe HTML:

Basicamente HTML consta de texto plano ( ASCII) e unha serie de etiquetas (Tags) coas que se lle dá forma e definición ao contido a mostrar. Os navegadores encárganse de interpretar o código HTML que se escribe, e amosar estes aos usuarios finais que é o que en conxunto con outras tecnoloxías, dá como resultado páxinas web, que non é máis que; o resultado do código HTML interpretado.

“HTML Básico - Lección 1 - Wikiversidad”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikiversity.org/wiki/HTML_B%C3%A1sico_-_Lecci%C3%B3n_1. Licenza CC BY SA. Tradución libre.

 Cliker en Wikimedia CommonsHTML logo (CC0)

ASCII é o acrónimo de American Standard Code for Information Interchange (Código Estándar Americano para o Intercambio de Información). É un conxunto de códigos para o computador que serven para representar cifras, letras, puntuación e outros caracteres.

ASCII”, Wikipedia, a enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=ASCII&oldid=4506448. [Consulta: 9-xaneiro-2018].

As principais novidades da versión HTML5 son as seguintes

    • O elemento Canvas para debuxo.
    • Os elementos audio e vídeo para reprodución multimedia.
    • Mellor soporte para almacenamento local.
    • Novos elementos específicos de contido, como article, footer, header, nav, section.
    • Novos controles de formulario como, calendar, date, time, email, url, search.

Fonte: “HTML5 - Manuais Informática - IES San Clemente.”, [En liña]. Dispoñible: https://manuais.iessanclemente.net/index.php/HTML5. Licenza CC BY

Canvas (o lienzo traducido al español) es un elemento HTML incorporado en HTML5 que permite la generación de gráficos dinámicamente por medio del scripting. Entre otras cosas, permite la renderización interpretada dinámica de gráficos 2D y mapas de bits, asi como animaciones con estos gráficos.

Canvas (HTML)”, Wikipedia, la enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Canvas_(HTML)&oldid=103072716. [Consulta: 9-xaneiro-2018].