A linguaxe HTML pode ser creada e editada con calquera editor de textos básico, como gedit en GNU / Linux, Caderno de notas de Windows, ou calquera outro editor que soporte texto plano.
Outro editores Web son os que posúen as denominadas características WYSIWYG (What You See Is What You Get, ou, o que ve é o que obtén). Estes editores permiten ver o resultado do que se está a editar en tempo real. Tamén aportan funcionalidades que simplifican a edición HTML. Como exemplo destas aplicacións temos estas dúas ferramentas libres:
Por último temos as aplicacións de axuda á edición de HTML, encamiñadas a proporcionar unha visión en tempo real do que se está creando en código. A súa misión é fundamentalmente a aprendizaxe e capacitación. Destacamos algunhas aplicacións en liña deste tipo coas súas ligazóns:
-
Acceso á aplicación en liña HTML Edit: https://htmledit.squarefree.com/
-
Acceso á aplicación en liña HTML Instant: http://www.htmlinstant.com/
-
Acceso á aplicación en liña Cubic Factory: http://www.cubicfactory.com/jseditor/welcome/130/edit
-
Acceso á aplicación en liña Online HTML Editor: https://www.onlinehtmleditor.net/