Saltar navegación

5.4.2.- Compoñentes e aplicacións

O HTML consta de varios compoñentes vitais, incluíndo os elementos e os seus atributos , tipos de datos e a declaración do tipo de documento.

Elementos

Os elementos son a estrutura básica do HTML. Os elementos teñen dúas propiedades básicas: atributos e contido. Un elemento xeralmente ten unha etiqueta de inicio (por exemplo, <nome do elemento> ) e unha etiqueta de peche (por exemplo, </nome do elemento> ).

Os atributos do elemento están contidos na etiqueta de inicio e o contido está situado entre as dúas etiquetas, por exemplo:

<nome-do-elemento atributo="valor">Contido</ nome-do-elemento >

Podemos ver na imaxe a estrutura xeral dun elemento HTML.

Elemento en linguaxe HTML para definir un parágrafo, onde se sinala a etiqueta inicial, a final, o contido e dentro da etiqueta inicial o atributo e a variable.
Manuel Torres Búa. Estrutura dun elemento HTML (CC BY-SA)

Marcado estrutural

Describe a estrutura do elemento dentro do documento.

<h2>Apartado dous</h2>

Neste exemplo establécese apartado dous como un encabezamento de segundo nivel. Existen marcados estruturais que non teñen contido (como <br> que rompe as liñas)

Marcado de presentación

Describe a aparencia do texto, independentemente da súa función. Por exemplo:

<b>negrita</b> 

indica que os navegadores Web visuais deben mostrar texto groso. 

Marcado hipertextual

Úsase para vincular partes do documento con outros documentos ou con outras partes do mesmo documento. Para crear unha ligazón é necesario usar a etiqueta de ancora <a> xunto co atributo href , que establecerá a URL á que apunta a ligazón. Por exemplo, unha ligazón que amosa o texto do enderezo e vai á Wikipedia podería ser:

<a href=”http://www.wikipedia.org”>http://www.wikipedia.org</a>

Tamén se poden crear ligazóns con obxectos:

<a href=”enlace”><img src=”imagen” /></a>

Atributos

Na súa maior parte, os atributos dun elemento son parellas nome e valor, separados por un signo igual "=" e escritos na etiqueta de inicio dun elemento, despois do nome do elemento. O valor pode estar rodeado por comiñas dobres ou simples, aínda que certos tipos de valores poden ser sen comiñas en HTML. De todos os xeitos, deixar os valores sen comiñas considéranse pouco seguro. Hai algúns atributos que afectan ao elemento simplemente pola súa presenza (como o atributo ismap para o elemento img).

Podes acceder á listaxe completa de atributos na seguinte ligazón: Acceso ao documento Lista de Atributos dentro de Referencia HTML elaborado por MDN (Mozilla Web Docs):   https://developer.mozilla.org/es/docs/Web/HTML/Atributos#Lista_de_Atributos.

Entidades

Os caracteres especiais, como signos de puntuación, letras con til ou diérese, símbolos para escribir o idioma; deben converterse nunha entidade HTML que se mostrará nun navegador. A entidade non é máis que un código que, incluído no documento HTML, aparecerá co símbolo correspondente na Web. Na táboa seguinte recóllense algunhas entidades:

CarácterEntidad HTMLCarácterEntidad HTML
á &aacute; Á &Aacute;
é &eacute; É &Eacute;
í &iacute; Í &Iacute;
ó &oacute; Ó &Oacute;
ú &uacute; Ú &Uacute;
ü &uuml; Ü &Uuml;
ñ &ntilde; Ñ &Ntilde;
¡ &iexcl; ¿ &iquest;

Información elaborada a partir de:

HTML”, Wikipedia, la enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible:  https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=HTML&oldid=104803748. (CC BY SA)

Referencia HTML

Hai elementos da linguaxe HTML que, a base de practicar, acabamos por coñecer. Pero non é necesario que fagamos un esforzo por memorizar multitude de elementos que non usaremos a miúdo. O máis sinxelo é ir creando documentos HTML e buscar os instrumentos da linguaxe que vaiamos necesitando: elementos, atributos, tipos de ligazón,...

Incluímos a continuación a Guía de Referencia HTML, de Mozilla Web Docs.

Acceso á Guía de Referencia HTML:    https://developer.mozilla.org/es/docs/Web/HTML/Referencia.

Como indica a propia guía Esta referencia HTML describe todos os elementos e atributos HTML, incluídos os atributos globais que se aplican a todos os elementos.