Segundo a forma de actualizar os contidos, as Webs están clasificadas en:
- Estáticas
-
Son aquelas que non cambian e sempre amosan os mesmos contidos cada vez que se cargan. Están feitos en linguaxe HTML. Cando a persoa usuaria accede a unha páxina estática o servidor devolve un ficheiro HTML que o navegador le. (Premer na imaxe para vela a un maior tamaño)
Randomicc en Wikimedia Commons. Scheme of a static page (CC BY-SA)
- Dinámicas
-
Son aquelas cuxos contidos están cambiando en función das accións das persoas usuarias. Realízanse en linguaxe HTML combinado con idiomas dinámicos como PHP, Javascript, etc. e o uso de bases de datos onde se almacenan diferentes contidos. A Web interactúa coa persoa usuaria compoñendo a páxina a cada momento. (Por exemplo as tendas de comercio electrónico)
(Premer na imaxe para vela a un maior tamaño)
Randomicc en Wikimedia Commons. Scheme dynamic page (CC BY-SA)


