Berthe Morisot. A dama do Impresionismo
Pintora impresionista francesa, Berthe Morisot era filla dunha familia da alta burguesía e foi educada no gusto polas artes e a música. Non podendo entrar na Escola de Belas Artes, Berthe e a súa irmá Edma estudaron de forma privada no taller do pintor académico José Guichard, discípulo de Ingres e Delacroix, quen as leva a copiar as obras mestras do Louvre. Á idade de 20 anos Berthe Morisot (Bourges 1841 – París 1895) coñeceu a Corot, importante paisajista da escola de Barbizon, e con el, empeza a pintar ao natural, observando directamente a natureza (O paraugas verde 1867). En 1868, Fantin-Latour presenta Berthe Morisot a Edouard Manet, quen se atopa no Louvre copiando os cadros de Rubens. Inmediatamente, a moza sente fascinada pola forte personalidade do pintor e accede a pousar para el nunha decena de pinturas. En 1874, tras a morte do seu pai, Berthe Morisot casa con Eugène Manet, irmán de Edouard Manet. O mesmo ano, participa na primeira exposición impresionista e a partir de entón estará presente en todas as edicións posteriores, coa excepción da de 1879 por razón de embarazo. Financia, xunto co seu marido, a última edición, a de 1886, e participa activamente na selección de artistas.
Berthe Morisot estivo moi vinculada co impresionismo francés. Tivo unha relación estreita e frutífera con Manet, Renoir e Degas, con quen compartiu o seu interese polos temas da vida cotiá. Os críticos descóbrena e dedícanlle comentarios elogiosos e alentadores, encomiando as súas opcións cromáticas e o seu sentido innato da luz. Morisot expón con regularidade nos Salóns oficiais de París até 1873. A partir desta data, baixo a influencia dos impresionistas e de Edouard Manet desenvolveu unha maneira naturalista, centrándose no transcurso dos seus últimos anos, en aumentar a solidez das formas.
A pesar de que elixiu a profesión de artista, inusual para unha moza de boa familia, Berthe Morisot é a antítese do pintor “maldito”. Pola contra, as súas pinturas reflicten o ambiente tranquilo e acomodado do mundo ao que pertence. A delicadeza do seu pincel achega un toque de lixeireza e elegancia no grupo impresionista. A personalidade e o carácter de Berthe Morisot convértena nun elemento de cohesión do grupo: pola noite, organiza animadas reunións na súa casa, á que asistían músicos, pintores e escritores. Talvez porque foi a primeira muller que expuxo, os críticos foron menos desapiadados con ela. Mesmo provocou sinceros eloxios pola inspiración poética das súas creacións.
Tras a morte de Édouard Manet en 1883, organizou unha exposición na súa honra coa axuda de Claude Monet, Émile Zola e outros artistas. Morreu en 1895.
♥ Ver este interesante video sobre Berthe Morisot.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0