Saltar navegación

Artistas do século XVIII: Angelica Kauffman

Algunhas artistas do século XVIII...

Angelica Kauffmann

Maria Anna Angelika Katharina Kauffmann naceu en 1741 en Coira (Suíza), pero creceu en Schwarzenberg Austria) de onde era oriúnda a súa familia. O seu pai, Johann Josef Kauffmann foi un pintor bastante mediocre, pero soubo ensinar á súa filla tanto a técnica como a paixón pola pintura. Angelica pronto aprendeu varios idiomas, lía incesantemente, e destacou polo seu talento musical e na pintura; e ao cumprir doce anos fíxose famosa, de tal maneira que bispos e nobres pousaban para ela. En 1754 o seu pai levoulla a Milán para que puidese aprender dos mestres clásicos.

Da mesma maneira que case todos os artistas da súa época, Kauffmann trasládase a Italia tempranamente, e tamén viaxa a través de Austria e Suíza, colaborando nos cadros e murais decorativos que pinta o seu pai, aínda que non visitará Roma até 1763. Dous anos despois (1765) é admitida como membro da Academia de San Lucas, en Roma, cidade á que volverá máis tarde e onde establece xa, desde o inicio, unha fama baseada nos seus retratos e nos seus cadros históricos. Despois, será elixida membro das academias de Venecia, Florencia, Parma ou Nápoles. Con todo, non é até a súa chegada a Inglaterra, en 1766, cando comezará o seu verdadeiro despegamento como artista. Durante 16 anos será aí onde pinta e exhibe a súa obra.

É elixida como membro fundador e de pleno dereito da Royal Academy e soamente sofre a prohibición de asistir ás clases de espido masculino, das que queda excluída polo seu sexo. A Royal Academy encárgalle catro grandes murais para o teito do hall principal, en que figuran os elementos necesarios para a arte da Pintura (Cor, Deseño, Composición, Invención), que hoxe poden contemplarse en Burlington House, sede da secular institución.

En Inglaterra pinta fundamentalmente retratos da nobreza (o da Duquesa de Brunswick, irmá do rei Jorge III, considérase a súa obra mestra), o Eleanor, condesa de Lauderdale(1780), o da familia do conde Gower (1772), composición que mostra o seu dominio absoluto da súa arte, similar en mestría ao que despois pintou da Familia Real de Nápoles, etc. Ocúpase tamén de temas literarios. Destacan as súas ilustracións para a 'Viaxe sentimental a Francia e Italia', de Lawrence Sterne, un dos seus máis ferventes admiradores e un escritor notable e orixinal.

En 1767 casou clandestinamente cun aventureiro que pasaba por ser un conde sueco (o Conde de Horn) matrimonio que resultou ser un fracaso absoluto.

Desde 1769 até 1782, Angelica exhibiu as súas pinturas na exposición anual, enviando ás veces até sete cadros, xeralmente con temas clásicos “Ariadna abandonada por Teseo” ou alegóricos. Uns anos máis tarde formou parte do grupo de artistas escollidos pola Academia, para decorar a Catedral de san Pablo, e foi ela quen, con Biagio Rebecca, pintou a antiga sala de lectura da Academia en Somerset House.

Kauffmann foi unha artista extremadamente produtiva que conseguiu na súa época unha enorme popularidade e fortuna. Os temas que abordou nos seus cadros son na súa maioría retratos, aínda que tamén abundan os temas mitológicos e alegóricos, os históricos ou os relixiosos, aínda que os seus traballos máis valorados foron os de pintura histórica, a pesar da popularidade que Kauffmann gozaba na sociedade inglesa e o seu éxito como artista, estaba decepcionada pola relativa apatía que os ingleses sentían cara a ese xénero, polo que finalmente abandonou Inglaterra e marchou ao continente, onde era mellor estimado e pago.

É probable que a súa popularidade declinase un pouco como consecuencia do seu desafortunado primeiro matrimonio; pero en 1781, despois da morte do seu primeiro marido (do que estivo separada durante longo tempo), casou con Antonio Zucchi. En 1782 morreu o seu pai; e en 1795 o seu marido. Despois de tan dolorosos transos seguiu contribuíndo á Academia de maneira intermitente, expondo por última vez en 1797. Morreu en Roma, sendo honrada cun espléndido funeral dirixido por Canova. Toda a Accademia dei San Luca, con numerosos eclesiásticos e virtuosos, seguírona até a súa tumba en Sant’Andrea delle Fratte, e, como no enterro de Rafael, dous das súas mellores pinturas foron levadas en procesión.

Sobre Angelica Kauffmann consultar os seguintes enlaces:

Angelica Kauffmann, https://es.wikipedia.org/wiki/Angelica_Kauffmann

Un prodigio llamado Angelica Kauffmann, https://investigart.wordpress.com/2018/09/25/un-prodigio-llamado-angelica-kauffmann/

Angelica Kauffmann, https://www.wikiart.org/es/angelica-kauffmann

Mujeres pintoras, https://trianarts.com/mujeres-pintoras-angelica-kauffmann/#sthash.qVhBU3nA.dpbs

Traballando coa arte de Angelica Kauffmann

♣ Busca unha obra de Angelica Kauffman distinta as que aparecen la Galería de Imaxes e traballar con ela.

      ♥ Imos a seguir o seguinte esquema de traballo:

1º. Localizar a obra

2º. Título

3º. Autor

4º. Ano e estilo

5º. Onde se conserva

6º. Tema que representa

7º. Facer unha breve descripción sobre ela e comentar algo. 

♦Consultar antes de facer o traballo o exemplo proposto no seguinte arquivo

Ficheiros adxunto.

Traballando coa arte....