A xenialidade de Elisabeth Vigée-Lebrun
Marie-Louise-Élisabeth Vigée-Lebrun naceu o 16 de abril de 1755 en París. O seu pai, Louis Vigée, un importante retratista e profesor de pintura, non só ensinou senón que alentou á súa filla a que seguise os seus pasos no mundo da arte. Ademais da influencia paterna, Élisabeth tivo a sorte de contar cos ensinos doutros mestres da súa época como Jean-Baptiste Greuze.
Os ensinos de todos eles deron pronto os seus froitos. Unha moza Élisabeth pintaba cadros de maneira profesional. Non tiña aínda 20 anos cando foi admitida na Academia Francesa. O seu círculo artístico completouse co seu matrimonio. En 1776 a nova pintora casaba con Jean-Baptiste-Pierre Lebrun, quen tamén era pintor e comerciante de arte.
Pintou os retratos de moitos dos membros da nobreza francesa e conforme avanzaba a súa carreira, á idade de 23 anos foi convidada a Versalles para pintar a raiña María Antonieta. O primeiro cadro pintouno en 1779. A raíña quedou tan compracida co traballo de Vigée-Lebrun, que recibiu o encargo de pintar máis retratos dela, así como dos príncipes e de numerosos nobres.
O 31 de maio de 1783 foi aceptada como membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture como pintora de alegorías históricas. Adélaïde Labille-Guiard, o seu principal rival, foi aceptada o mesmo día. Os homes a cargo opuxéronse á súa admisión argumentando que o seu esposo era un tratante de arte, pero unha orde do rei fixou a decisión unha vez que María Antonieta presionou ao seu marido en favor da pintora. A admisión de dúas mulleres nun mesmo día suscitou comparacións entre ambas as no canto de comparacións entre membros femininos e masculino.
Tras a detención da familia real durante a revolución francesa en outubro de 1789 Vigée Lebrun identificada como monárquica, fuxiu de Francia coa súa filla Brunette, de 9 anos iniciando doce anos de exilio viaxando primeiro a Italia e despois a Austria e Rusia. Os Paises Baixos, Suíza, Italia, Inglaterra, Austria ou Rusia rendéronse ao dominio perfecto da técnica do retrato da pintora francesa. Élisabeth retratou a personaxes tan destacados com Lord Byron ou Catalina a Grande.
De volta a unha nova Francia, a Francia do imperio de Napoleón, tamén conseguiu penetrarse na corte do emperador e retratar a algúns membros da súa familia.
Ao longo da súa prolífica carreira Élisabeth foi admitida en todas as academias artísticas que coñeceron o seu talento. Ademais da Academia Francesa, moitas outras a aceptaron como membro: a Académie Royale de Peinture et de Sculpture, a Academia de Belas Artes de San Petersburgo ou a Societe pour l'Avancement deas Beaux-Arts de Xenebra foron algunhas delas
Ademais de retratar a toda a nobreza e realeza europea, Élisabeth tivo tempo para realizar preciosos autorretratos, ás veces soa, en ocasións acompañada da súa filla Julie. Cadros nos que se transmite unha gran tenrura e dozura.
A instancias dunha amiga, a condesa Dolgoruki, Vigée Lebrun publicou as súas memorias en 1835 e 1837, onde mostra unha interesante perspectiva da formación dos artistas do final da época dominada polas academias reais.
Aínda sendo moi activa a partir das súas 50 anos, comprou unha casa en Louveciennes, Île-de-France. Viviu nela ata que o exército prusiano tomouna durante a guerra de 1814. Viviu en París até a súa morte o 30 de marzo de 1842. Nunca volveu casar. O seu corpo foi levado de volta a Louveciennes onde foi enterrada nun cemiterio preto do seu antigo fogar.
Na súa lápida lese o epitafio «Ici, enfin, je repouse...» («Aquí, ao fin, descanso...»).
Vigée Lebrun é considerada a máis importante artista feminina do século XVIII. Deixou tras de si 660 retratos e 200 paisaxes.
Para saber máis sobre a artista consultar os seguintes enlaces:
Elisabeth Vigée-Lebrun, https://es.wikipedia.org/wiki/Marie-Louise-%C3%89lisabeth_Vig%C3%A9e-Lebrun
Arte e Pintura: Elisabeth Vigée-Lebrun, http://www.el-parnasillo.com/vigeelebrun.htm
El retrato singular: María Antonieta bajo la mirada de su pintora favorita, Louise Élisabeth Vigée-LeBru, https://principia.io/2018/05/24/el-retrato-singular-maria-antonieta-bajo-la-mirada-de-su-pintora-favorita-louise-elisabeth-vigee-lebrun.Ijc2NiI
O poder da Arte: Marie-Louise-Élisabeth Vigée Le Brun, https://elpoderdelarte1.blogspot.com/2018/02/marie-louise-elisabeth-vigee-le-brun.html
Os seus Retratos
Autorretrato ds artista e a súa filla, 1786. Wikimedia Commons, Creative Commons Attribution-ShareAlike License.
Retrato de Anna Pitt, 1792, Wikimedia Commons, Creative Commons Attribution-ShareAlike License;
Autorretrato coa súa filla, 1789, Flickr, Creative Commons Attribution-ShareAlike License;
Retrato de Lady Hamilton coma unha Sibila Persa, 1792, Wikimedia, Creative Commons Attribution-ShareAlike License;
María Antonieta, 1788, Wikimedia, Creative Commons Attribution-ShareAlike License.
María Teresa Carolina, emperatriz de Alemaña, 1790. Flickr, Creative Commons Attribution-ShareAlike License.
Sobre a figura da artista e a súa podemos ver o seguinte documental:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0