Saltar navegación

As Impresionistas

As Impresionistas: de Berthe Morisot a Eva Gonzalés...

En París, mentres o Impresionismo estaba no seu apoxeo, catro pintoras alcanzaron a excelencia artística. Trátase de Berthe Morisot, Mary Cassatt, Eva González e Marie Bracquemond. Tendo en conta os prexuízos a que estaban sometidas as mulleres no século XIX, pódese entender a forza de convicción que había que despregar para poder ocupar un lugar dentro do grupo impresionista e ser aceptadas pola crítica.

Elas tamén son vítimas dos prexuízos daqueles que atopan deshonroso que pinten ao aire libre ou nas rúas, como os seus colegas masculinos. O que as obrigaba a situar case todos os seus cadros no ámbito doméstico. Ademais no caso de Berthe Morisot, das moitas obras que dedica á súa familia, en case todas as súas composicións figuran como personaxes mulleres elegantes de clase media e da alta burguesía, representadas en casa ou no seu xardín en distintos momentos do día.