Sabine von Steinbach é coñecida como a primeira muller escultora da historia da Arte. A primeira mención sobre ela data do ano 1617 cando Schadeus fai referencia a ela como a axudante do seu pai na obra de construcción da Torre da Catedral de Estrasburgo.
Apenas coñecemos datos históricos sobre ela; sabemos que naceu en torno a finais do século XIII e que era filla do arquitecto e maestro de obras Erwin von Steinbach, quen estivo ao frente de construcción da portada sur e da torre da catedral de Notre Dame de Estrasburgo en torno aos anos 1277 e 1318.
Están recoñecidas como súas dúas estatuas situadas na portada sur da Catedral que representan as alegorías da Sinagoga e da Igrexa. tamén temos sospeitas da autoría dunha imaxen de San Xoán Evanxelista dentro do cal se localizou un pergamino firmano por Sabina e escrito en latín que especificaba "Grazas á devoción desta muller valente "Sabine" que me dou forma a partir desta pedra dura".
Especulouse que, tras acabar a súa tarefa en Estrasburgo, Sabina instalouse en París para intervir na catedral de Notre Dáme, cuxa estrutura arquitectónica estaba practicamente acabada, pero á que faltaban algunhas esculturas por engadir. A Sabina atribúeselle unha figura feminina que representa á Igrexa, case idéntica á de Estrasburgo, e outra dunha muller provista coas ferramentas dos construtores medievais. Pero a atribución destes traballos a un mestre, ou mestra, escultor concreto ofrece moitos problemas, pois a catedral de París sufriu numerosas alteracións, sobre todo durante a Revolución Francesa, cando se destruíron moitas das súas imaxes.