Ende. A monxa miniaturista
A primeira obra firmada por unha artista: Beato de Girona
Fai máis de 1000 anos no scriptorium do mosteiro zamorano de Tábara, unha muller chamada Ende, posiblemente unha relixiosa, xunto con dous monxes, Senior e Emeterius, iluminaron un manuscrito que actualmente se conserva na catedral de Girona e que se coñece co nome de Beato de Girona .
A sinatura de Ende figura no final do manuscrito xunto co dos seus compañeiros iluminadores. A artista firmou a súa obra como Ende, pintora e serva de Deus, a palabra latina de pintor aparece en forma feminina, incluíndo o nome do seu axudante despois do seu; isto permitiu distinguir o traballo de ambos e así poder atribuir a maioría do libro a Ende.
Ela está considerada, hoxe en día, como a primeira muller artista de Europa e de España.
O Beato de Girona é un dos máis expléndidos exemplares de libros mozárabes con magníficas ilustracións. Este manuscrito foi elaborado no ano 975; consta de 568 páxinas a dúas columnas de 38 líneas. ten 124 miniaturas enriquecidas con ouro e prata. Pola súa calidade artística é moi superior outros códices europeos desa época, e pola variedade de novas imáxenes que inclue, o converte no de maior número de páxinas iluminadas de todos os beatos que coñecemos e un dos máis interesantes. O beato de Girona é, sen dúbida, a culminación artística do scriptorium tabarense.
Beato de Girona
Beato de Girona
O Beato de Girona é un beato, obra do Abade Dominicus e dos miniaturistas Ende e Emeterius. Foi terminado no an 975, e en 1078 pasou á Catedral de Santa María de Girona onde se conserva na actualidade.
Ficheiros adxuntos
Aquí tedes un interesante traballo sobre Ende e o seu traballo no Beato de Girona.
Pódedes ller a información que conten e visualizar as interesantes imáxenes do Beato que ela iluminou.
* Estas imáxenes foron extraídas da obra Beato de Liébana, códice del Monasterio de San Salvador de Tábara, Zamora, Estudio monográfico plenamente ilustrado en color a cargo de Gabriel Roura i Güibas (Presidente del cabildo de la catedral de Girona y Archivero capitular) y Carlos Miranda García-Tejedor (Doctor en Historia) «Casi-original», edición primera, única e irrepetible. Editado por M. Moleiro
Pero, ¿Qué é un Beato?
Imos a indagar sobre o tema no seguinte documental:
Escolla múltiple
Solución
Solución
Solución
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Test SCORM
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0