Saltar navegación

Hildegarda von Bingen

HILDEGARDA VON BINGEN

Páxina de Scivia onde se mostra a Hildegarda escribindo                                                                                           Retrato de Hildegarda en Scivias (S. XII)

Hildegarda von Bingen naceu na localidade alemá de Bermersheim, preto de Maguncia. Pertencía a unha familia da nobreza local e xa desde moi temperá idade os seus pais consideraron que debía dedicar a súa vida ao servizo de Deus. Así, ao seis anos foi entregada a un nobre con fama de santa chamada Jutta para a súa formación espiritual. A reputación desta muller fixo que moitos pais decidisen ingresar ás súas fillas na súa casa e no que se convertería nun pequeno convento feminino agragado ao mosteiro masculino benedictino de Disibodenberg.

Desde moi pequena Hildegarda tivo frecuentes visións que só confesou inicialmente a Jutta e logo ao monxe Volmar de Disibodenberg, quen co paso dos anos converterase en secretario dela. Cando Jutta morreu no ano 1136, Hildegarda foi nomeada abadesa da comunidade monástica.

Como as visións continuaban, o abade decidiu comentalo co arcebispo de Maguncia, quen valorou ditas visións xunto con teólogos; a conclusión á que chegaron foi que ditas visións eran de inspiración divina , e ordenou a Hildegarda que comezase a escríbilas.

A súa fama fixo que a súa comunidade relixiosa crecese e ela tomou a decisión de establecer ás súas relixiosas nunha abadía propia, sen ningunha dependencia cun mosteiro masculino, para o que fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto da localidade de Bingen. Foi o primeiro mosteiro de monxas autónomo, pois até ese momento sempre dependeran dunha comunidade masculina.

Morreu o 17 de setembro de 11790 e foi sepultada na igrexa do seu convento. As súas reliquias permaneceron alí ata que o convento foi destruído polos suecos en 1632. actualmente os seus restos atópanse en Eibingen.

Entre as numerosas obras de Hildegarda debemos citar só as que se coñecen como unha triloxía. Scivias (Coñece os camiños do Señor, 1141-51), Liber meritrum vitae (O Libro dos méritos da vida, 1158-63), e Liber divinorum operum (O libro das obras divinas, 1163-1174). o tres recollen as visisones ao redor de diferentes temas , pero a primeira e a terceira ilústranse con magnificas miniaturas moi elaboradas que acompañan ao texto e aluden ao seu contido.

A calidade das imagénes e inusual na época, audaces, e con certas características moi definidas, por exemplo, a permanente presenza de zonas luminosas e zonas escuras; o vermello como cor predominante; o uso da forma circular para indicar a presenza da Divindade Unha e Trina, a actividade divina, a enerxía vital que anima ao mundo enteiro, e a forma rectangular coa que se refire ao ordenado e estruturado, á Igrexa, á Xerusalén Celestial.

Coñece  un pouco máis a Hildegarda e a súa principal obra SCIVIA

Preme no seguinte enlace: Hildegarda de Bigen

* Imáxenes tomadas de WIKIART. Enciclopedia de Artes Visuales. Hildegarda de Bingen, Dominio Público.