Mulleres constructoras

A Época das grandes Catedrais 

No Libro dos oficios da cidade de París de entre os anos 1254 e 1271 enuméranse varios dos traballos que exercían as mulleres, e entre eles cítase o da construción. E nun rexistro de gremios da cidade de Marsella do ano 1297 recóllense até 150 oficios nos que aparecen traballadoras, máis que no século XIX.

Pero o prestixio que se gañaron as mulleres no Gótico pleno comezou a racharse na segunda metade do século XIII. Boa parte da culpa foi da misoxinia de Tomás de Aquino, influído á súa vez pola obra de Aristóteles. Para o sabio grego, a muller era “un home imperfecto”.

O rexeitamento á muller triunfou na Baixa Idade Media, e nos séculos XIV e XV o seu papel, a súa presenza e a súa imaxe públicos foron decaendo de tal modo que, cara a 1500, xa non se permitía o seu ingreso en gremios e confrarías practicamente en ningunha cidade de Europa.

Aínda así, seguiu habendo mulleres nos talleres das fábricas das igrexas e catedrais. Nos libros de obra da catedral de Núremberg hai documentadas nove ourives do cobre e bronce, sete batidoras de latón e seis vidreiras entre os anos 1439 e 1477.

Miles de mulleres traballaron na construción das grandes catedrais da Idade Media. Os libros de fábrica coas contas das obras de varias catedrais dos séculos XIV e XV –de datas anteriores non se conservan– informan as mulleres que interviñan na súa edificación, as tarefas que realizaban e os salarios que cobraban

Non aparecen como mestras de obras, cargo habitualmente reservado aos homes, pero algunhas delas dirixiron talleres e estiveron á fronte de cuadrillas de traballadores en diversas disciplinas. Ademais de nos libros de contas, as actividades laborais destas mulleres están reflectidas nas ordenanzas municipais de varias cidades europeas, nas actas municipais e nos protocolos notariais.

As mulleres encargadas de traballos de carrexo e subministración cobraban un salario que adoitaba ser a metade do que percibían os peóns masculinos menos cualificados.

O traballo máis común de cantos realizaban na construción consistía no carrexo e subministración de materiais (auga, argamasa, madeira, pedras...) desde as logias e os talleres até a obra. Este labor non se consideraba especializada, de maneira que era das peor remuneradas. Como consta nos libros de contas, ás mulleres encargadas destes traballos abónaselles un salario que adoita ser a metade do que perciben os peóns masculinos menos cualificado.

Ademais, cada unha delas aparece nomeada genéricamente como “muller”, sen que nas anotacións á hora do pago figure un nome propio, nin moito menos o dunha familia ou unha liñaxe, o que hoxe se entende por apelido

Na lista de traballadores das catedrais, a maioría destas mulleres son anónimas, sen máis referencia que un apuntamento sobre o seu sexo, a súa dedicación e o seu soldo. “Muller que limpa onde se empareda o ladrillo”, “muller que axuda na obra”, “muller que lamina o yeso”, “muller que aparta os medios ladrillos”, lese nos libros de contas da fábrica da catedral do Salvador de Zaragoza entre os anos 1376 e 1401, que estudou o profesor Germán Navarro Espinach.

Son mulleres sen nome, que executan as faenas menos cualificadas, máis duras e peor pagas. Mulleres en perfís deste tipo atópanse apuntadas en libros de contas das obras das catedrais de París, Xirona, Burgos, León ou Toledo. Na construción desta última documéntanse mulleres portando auga en 1351, e na mesma obra interviñan varias delas a comezos do século XV amasando cal e carrexando materiais aos tellados.

O seu salario era xusto a metade que o dos peóns homes, salvo os das amasadoras, que case estaban equiparados. En xeral, eran mulleres nada menos que o 30% dos implicados na construción dunha catedral gótica. Segundo as épocas e os edificios, podían oscilar entre as 30 e as 300. A porcentaxe mantense estable ao longo do século XV.

Nos documentos da Idade Media apenas aparecen mencionadas mulleres que ocupen o cargo de mestras de obras ou de taller dunha catedral, pero hai indicios de que algunhas tiveron ese papel. Fronte aos arquitectos homes, cuxos nomes son abundantes a partir do século XIII, as mulleres que dirixían unha cuadrilla de traballadores eran escasísimas. A cidade suíza de Basilea contaba, a mediados daquel século, cun importante gremio de construtores, entre cuxos membros foron admitidas varias mulleres, pero non se dan os seus nomes. A mestra de obras máis antiga documentada é unha muller chamada Grunnilda, que aparece en 1256 nos rexistros da cidade de Norwich no momento en que se estaba erixindo a nave central da súa catedral gótica, unha das máis grandes de Inglaterra. Grunnilda era membro da guilda, ou corporación de albaneis, de Norwich, aínda que non hai máis datos sobre a súa dedicación.

Un século máis tarde, en 1375, os estatutos do gremio de carpinteiros da mesma cidade reflicten a existencia de mulleres mestras no seo desta confraría en igualdade cos homes. En Lincoln, localidade situada a un cento cincuenta quilómetros ao noroeste de Norwich e cunha non menos monumental catedral gótica, a confraría de masones (mestres albaneis) aprobou en 1389 os seus novos estatutos, nos que se alude á existencia de homes e mulleres (“irmáns e irmás”) entre os seus membros. En York, a 130 km ao norte de Lincoln, levántase unha impoñente catedral gótica, ademais de varias igrexas e mosteiros. A cidade dispuña dunha importante guilda de construtores, agrupados na confraría do Corpus Christi, que en 1408 aprobou novos estatutos para regular o traballo dos seus membros, entre os que había varias mestras de taller  (José Luis Corral, Constructoras de Catedrales, Revista Historia y Vida, 15/6/2017).

Un dos casos máis significativos e o da escultora Sabine von Steinbach que imos a estudar máis adiante.

Mulleres constructoras
                                                            Cristine de Pizán . Libro da Cidade das Damas. 1405 (CC BY-SA)