Saltar navegación

Mulleres Iluminadoras na Idade Media

          Ao longo da Idade Media, milleiros de manuscritos iluminados foron elaborados nos mosteiros que se extendáin ao longo de toda Europa Occidental. Nos seus scriptoria, os monxes pasaban tempo redactando e ilustrando as páxinas dos textos con excepcionais imaxenes coas que pretendían adoctrinar e enriquecer as súas obras. Tradicionalmente, vimos pensando que estas magnificas foron elaboradas por homes, sen embargo, a realidade é que moitos deles foron producidos por mulleres. Algunhas das obras medievais máis excepcionais que coñecemos, non so foron escritos por mulleres, senón tamén iluminados por elas. Algunhas incluso chegaron a firmar as súas produccións, e outras se atreveron a inmortalizar o seu talento co seu propio autorretrato. 

         A  historia da ilustración de manuscritos  conta con brillantes representantes medievais:  Herlinda, Reinula, Ende, Diemud, Hitda, Claricia, as visionarias Hildegarda de Bingen ou Herrada de Landsberg,  ás que habería que sumar unha lexión de miniaturistas e pintoras das que non nos chegaron noticia.

      Pódelas documentar é obviamente unha boa noticia, polo que sorprende que a estas alturas os esforzos de parte da bibliografía científica vaían encamiñados a desautorizalas, a decir que non existiron ou, si existieron, que non foron elas as que pintaron o que se lles atribue. Esta actitude, a desautorización da obra femenina, entronca cunha longuisima tradición androcéntrica, para a que parece inasumible admitir o evidente.

Epifanía
 Teresa Díez. Epifanía. Santa María de Toro
 Foto: Teresa Moure Pena (CC BY-SA)