Procura unha posición cómoda para o corpo. As pernas deben estar separadas á altura das cadeiras, coas plantas dos pés ben apoiadas no chan. O mellor é abrir os pés o suficiente como para proporcionar unha boa base de apoio que reparta o peso do corpo equilibradamente.
Debemos ter a espalda recta e relaxada, manter a pelve aliñada co resto do corpo e os ombreiros tamén relaxados pero nunca decaídos. Tampouco debemos curvar a espalda, elevar os ombreiros innecesariamente ou baixar a cabeza.
É moi importante que o pescozo esté relaxado, a mirada ao frente e non agochar a cabeza
Como regra xeral, o eixo da flauta e o do corpo deben formar un ángulo de 45 grados. Os brazos lixeiramente separados do corpo.
Os pulsos rectos, sen dobralos cara fora ou cara abaixo. A mao dereita colocarase na parte inferior da frauta e a esquerda na superior.
