Saltar navegación

Inspiración

Convén encher a parte media e baixa dos pulmóns coa axuda dos músculos respiratorios (abdominais, intercostais e diafragma).

A inspiración é completa se enchemos os pulmóns en toda a súa capacidade. Parcial se solo tomamos o aire necesario para interpretar unha frase musical.

A respiración completa non é a habitual. É menos cómoda para a emisión do son por varios motivos: En primeiro lugar, porque se exerce unha excesiva presióndo aire inspirado sobre a embocadura. En segundo, a articulación do discurso musical adoita utilizar frases curtas. 

Por regra xeral, a lonxitude da frase determinará a cantidade de aire a tomar; esta capacidade desenvólvese e se automatiza coa práctica.

O tempo da inspiración pode ser máis longo ou máis curto, en función do tempo da peza e das pausas entre os sons.