Saltar navegación

Musculatura da boca

A frauta debe descansar sobre os beizo inferior, que é o punto de apoio esencial. O peso da frauta se reparte entre o pulgar dereito e o labio inferior, co fin de que os demáis dedos podan moverse con liberdade. O labio superior non debe de estar completamente relaxado, para impedir fugas de aire entre as comisuras da boca.

Os dous beizos non deben de tensarse nin relaxarse en extremo, buscando unha posición natural.

Nos movementos da boca interveñen no seu conxunto unha combinación dos músculos faciales. Para unha correcta producción do son debemos de ter en conta a relaxación desta musculatura, sendo importante facer ximnasia facial.

musculatura cabeza
Wagner Souza e Silva. Human facial vascularization en Wikimedia Commons (CC BY-SA)