Reflexión Por onde collo o aire? Retroalimentación Para tocar instrumentos de vento, normalmente o aire se colle pola boca, pero as veces é preciso inhalar aire polo nariz ao mesmo tempo. Ti deberás de facelo segundo te sexa máis doado, tratando de non facer excesivo ruido ao respirar, sen coller pouco aire nin demasiado. Xusto do mesmo xeito que fas ao falar.