Nesta sesión procuraremos aprender a acadar unha postura axeitada e unha correcta respiración.
Consideramos unha boa respiración aquela na que a provisión de aire e a súa distribución é a adecuada para conseguir unha boa producción do son coa flauta.
Tamén veremos os mecanismos fisiolóxicos que interveñen na emisión do son.
Para controlar a nosa postura debemos ser conscientes dos órganos que interveñen na respiración, adecuando a expulsión do aire para unha emisión de son precisa.
Hai moitos aspectos a estudar, e nesta unidade ocuparémonos da emisión de son. En posteriores unidades, cando a emisión do son xa esté afianzada, veremos a articulación.