A espiración está controlada pola acción dos músculos respiratorios. O fluxo de aire nace dunha presión lixeira e continua dos músculos respiratorios e adáptase á lonxitude e expresión da frase musical.
Debido ás características da embocadura do instrumento, non se precisa unha gran presión de aire. O bisel da frauta non ofrece resistencia ao soplo coma no caso dos instrumentos de lengüeta.
Tampouco se require facer unha gran cantidade de presión xa que o son subiría en entonación.
Máis que un sopro, falamos dun alento, coma o que empregamos para empañar un cristal.
Non se debe esgotar todo o aire inspirado. Faise unha reserva que permita manter a presión da columna de aire ata o final do son, sen que baixe a súa entonación.
O aire debe expulsarse cunha presión lixeira e continua, implicando todos os músculos que interveñen na respiración, fundamentalmente: os abdominais, intercostais e diafragma.