Saltar navegación

Para saber máis

HÁBITOS SAUDABLES.

Nunca emprestes a túa frauta, pola saliva se poden contaxiar facilmente unha gran cantidade de virus e enfermidades.

COIDADO E LIMPEZA DA FRAUTA.

Segue sempre as instruccións e recomendacións do fabricante e do teu profesor.

Antes de tocar:

-O corcho:

Se a túa frauta é de madeira, antes de ensamblala impregna lixeiramente o corcho coa crema específica que ven coa túa frauta.

-Temperatura:

Antes de tocar quenta a frauta coas maos á temperatura do corpo human, para quentar o interior tamén podes utilizar o alento.

Despois de tocar:

-Limpa a frauta sempre despois de tocar.

-Limpa a humidade externa empregando un pano de papel ou algodón.

-Seca o interior da frauta empregando a vara e/ou un pano de papel ou algodón. 

Ten moito coidado de non danar a boca e bisel.