Prometeo e Pandora

PROMETEO E PANDORA

O mito da creación do mundo e do nacemento e chegada dos deuses ao poder, inclue a historia de Prometeo. Segundo a mitoloxía clásica, Prometeo rouba o lume do Olimpo para entregarllo aos homes; con isto atrae a furia de Zeus sobre él e sobre a raza humana en xeral. Para castigar ao titán, o soberano do Olimpo decide encadénalo -algunhas fontes din que no Caúcaso-. e envía unha águia todos os días para comerlle o fígado en vida, pero a víscera medraba novamente de noite. para poñer fin ao suplicio Zeus liberou a Prometeo.

Mito de prometeo

O Mito de Prometeo (Any-News BD, 2017)

Pero a fusión das narracións de diversos autores, da Teogonía e Las obras y los días de Hesíodo e a Historia Natural de Plinio, presentan o castigo reservado aos homes como unha das accións de Pandora, a primeira muller feita semellante ás deusas. Mediante o concurso de todos os deuses, a muller recibiu unha numerosa serie de cualidades, como a beleza, a gracia e a capacidade de persuasión. pero Hermes infundiu na súa alma a mentira e a astucia, e Hera, acurisidade. Pandora foi enviada a Epimeteo, irmán de Prometeo cunha caixa pechada como agasallo de voda. Pandora abre a caixa esparcindo polo mundo todos os males que contiña. Só a esperanza non tivo tempo de sair antes de que Pandora pechara novamente a caixa. Diste modo rematou a "Idade de Ouro" do home, que ata este momento vivía nun estado de felicidade permanente.    

La caja de Pandora

                                                                                                Pandora (Dante Gabriel Rosetti), en: Pinterest

Prestade atención a este interesante vídeo sobre a Caixa de Pandora contada como un conto para nenos: