O Destronamento de Cronos
Crono (Saturno en Roma) casou coa súa irmá Rea (Cibeles). Pero tanto Gea como Urano profetizaran que un dos seus fillos o destronaría. Así pois, Cronos decidiu comerse aos fillos que lle daba Rea; primeiro a Hestia (Vesta), logo a Deméter (Ceres) e a Hera (JUno), despois a Hades (Plutón) e por último a Poseidón (Neptuno). Rea estaba furiosa e cando deu a luz a Zeus (Xúpiter), en plena noite en Arcadia, no monte Liceo, e despois de darlle un baño no río Neda, decidiu entrégalo a Gea. Ésta o levou a Creta e o escondeu nunha cova, no monte Exeo. Deixouno alí para que frose educado pola ninfas e pola deusa Amaltea. Rea sustituiu a Zeus por unha pedra.

Saturno devorando aos seus fillos. P.P. Rubens (século XVII)
Cronos, polo tanto non puido impedir que se cumplira o seu destino. Zeus obliga ao seu pai, non so a vomitar a pedra engullida, senón a que cada un dos seus irmáns volvera a vida. Todos sairon ilesos, e en agradecemento pediron a Zeus que os dirixira nunha guerra contra os Titáns que apoyaban a Crono capitaneados por Atlante. guerra durou dez anos, pero por fin Gea profetizou a victoria para Zeus se éste tomaba por aliados a todos os que Cronos confiara no Tártaro. Así, Zeus matou a Campe, a guardiana do Tártaro, a matou, colleu as chaves e liberou aos Cíclopes e aos Hecatoquiros e fortaleceunos con comida e bebida divina.
En agradecemento, os Cíclopes entregaron a Zeus un raio, como arma ofensiva; a Hades déronlle un casco que lle facia invisible; a Poseidón un tridente. A continuación os tres irmáns celebraron un consello de guerra. Hades entrou sen ser visto en presencia de Cronos para robarlle as armas, mentras Poseidón o ameazaba co tridente, desviando deste modo a súa atención, Zeus fixo caer un raio sobre él- Os hecantoquiros comenzaron a coller rocas e as lanzaron contra os Xigantes, que fuxiron despavoridos. Crono e os Titanes derrotados, con excepción, de Atlante, foron recluidos no Tártaro. Atlante, ao ser o xefe da batalla recibiu un castigo exemplar, pois foi condeado a soster o ceo sobre os seus ombros. Zeus convértese así soberano dos deuses do Olimpo. Este episodio da mitoloxía grega recibe o nome de Titanomaquia.
Pero antes de obter o dominio efinitivo, Zeus aínda debe enfrentarse á rebelión dos xigantes e á irá de Tifeo (Tifón). Os Xigantes, criaturas inmensas con serpes en lugar de cabelos e corpo de dragón en lugar de pernas, desencadenaron o seu ataque contra o Olimpo. Criaturas case inmortais, a única forma de darlle morte era atácalos nunha acción conxunta entre un deus e un mortal. Ao lado dos deuses do Olimpo, interven Hades (Hércules) o fabuloso fillo mortal de Zeus que consite en derrotar aos inimigos.
Hesíodo na súa Teogonía conta que cando Zeus derrota aos Titáns, da unión de Gea con Tártaro nace Tifeo, criatura terrible de cen cabezas de serpe que lanza lume polos ollos. O escritor Apolodoro na súa obra Biblioteca, añade que aqueles seres eran tan espantosos que cando intentaron fuxir ao Olimpo, os demáis deuses fuxiron a Exipto a ocultarse adoptando figura de animais e deixando só a Zeus. Tifeo era tan xigantesco que a súa cabeza rozaba as estrelas. Despois dunha loita tremenda que conmocionou á terra, Zeus o puxo en fuga e mentras o monstruo buscaba refuxo en Sicilia, o lanzou ao Etna. as erupcións do volcán eran provocadas polo lume arroxado por Tifeo, e os raios cos cales Zeus o derrota e á fragua de Hefesto (Vulcano).
Traballando cos deuses
A continuación tedes dúas obras escultóricas que representan a deuses da mitoloxía clásica. As dúas están en Madrid e son moi coñecidas.
Os propoño facer un traballo con elas:
1. Identifica os deuses que representan as dúas esculturas.
2. Sinala cal é o seu nome na mitoloxía grega e romana.
3. Sinala de qué son deuses.
4. Sinala cáles son os seus atributos.
5. Busca información sobre as dúas obras (autor, cronoloxía, estilo..)


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
