Saltar navegación

A Orixe dos Deuses

O primeiro autor grego en aportar unha versión sistemática e detallada da creación do mundo, do nacemento dos deuses e do seu papel no poder foi Hesíodo que viviu no século VIII  a.C. Na súa obra Teogonía, conta que nun principio foi o Caos seguido por Gea, Tártaro e Eros, Erebo e a Noite. Gea, a Terra, deu orixe a Urano (o ceo estrelado), ás montañas e ao Ponto ( o mar).  Contemplándoa dende as montañas, Urano deixou caer sobre Gea unha choiva fértil e penetrou nas súas fendeduras secretas, e fixo xurdir as herbas, frores e árbores. Esta mesma choiva fixo xurdir os ríos e así se crearon os lagos.

                                      


                                       

Os primeiros fillos de Gea e Urano foron os Hecatonquiros -xigantes de cen brazos chamados Briareo, Giges e Coto-; despois apareceron os tres Cíclopes, salvaxes dun so ollo, constructores de xigantescos muros e grandes ferreiros. Os fillos máis importantes que tiveron foron os 6 Titanes -Oceano, Ceo, Crío, Hiperión, Japeto e Crono- e as súas irmáns as Titánides -Tía, Rea, Temis, Mnemosine, Febe e Tetis-. 

Urano odiaba a todos os seus fillos e n on lles permitía ver a luz, obrigándolles a vivir nas profundidades da Terra, no Tártaro, un lugar tenebroso no mundo subterráneo que está situado á mesma distancia da terra que a tera do firmamento. En vinganza Gea persuadiu a os Titanes de atacar a seu pai; así o fixeron, dirixidos por Cronos. Cando, ao chegar a noite, Urano se achegou a Gea e a envolveu por todas partes, Crono sorprendeu a Urano e o castrou cunha foz de pedernal que lle dera a súa nai, suxeitando os seus órganos xenitais coa man esquerda e lanzandoos ao mar despois. Pero algunhas gotas da ferida caeron sobre a Nai Terra e ela pariu ás Tres Erinias -furias que se vengan dos crímenes de parricidio e perxurio- a os Xigantes e as Ninfas dos Fresnos -violentas xa que o fresno era unha árbore coa que se facían as armas. Das gotas de semen que caeron na auga do mar naceu Afrodita, deusa do amor. 

Entón os TItanes liberaron do Tártaro a os fillos de Urano e Gea, e deron a Crono a soberanía da terra. Sen embargo, en canto Crono tivo o mando supremo volveu a encerrar as Cíclopes no Tártaro xunto cos Hecantoquiros e os Xigantes, tomou a Rea por esposa e gobernou sobre o mundo. 

castración de Urano
Giorgio Vasari. 1560. A castración de Urano