A Mitoloxía nas Artes Plásticas
Os textos antigos que versan sobre a mitoloxía grega constituen únicamente unha pequena parte dunha producción literaria moito máis ampla en gran parte perdida para sempre. Sen embargo, estas poucas fontes aportan unha visión intrincada, pero extremadamente rica, complexa e contradictoria dos mitos que soen cambiar según o século e o autor que os relata.
A tradición romana, pola súa parte, identifica a os deuses do universo mitolóxico grego con divinidades preexistentes na Península itálica a os que lles outorgan novas empresas e atributos. No ano 391 d.d.C se prohibe no Sacro Imperio Romano calquera forma de mito pagán, o que provocará o abandono dos antigos templos clásicos e a visión mitolóxica da creación do mundo e do home. Aínda que a o longo da Idade Media os monxes se preocuparon de conservar e copiar os textos antigos, non foron redescubertos, estudiados e traducidos ata o século XV especialmente en Florencia, onde naceu a corrente filoxófica e cultural que recibe o nome de neoplatonismo, empeñada en unir a moral cristiá coa filosofía e o mito grego-romano. Dende entón, os mitos gregos coa súa riqueza de historias, imáxenes e conceptos non deixaron de frecuentar os lares do mundo Occidental, xa fora baixo a forma de fonte literaria, teatral ou cinematográfico.
Xunto as fontes literarias antigas, ás epopeyas de Homero, os poemas de hesíodo ou as traxedias de Esquilo, Sófocles e Euripides, llegaron ata os nosos días unha boa cantidade de restos arqueolóxicos -estatuas, cerámica, mosaicos, camafeos, pinturas murais- portadores dunha forma visible do mito.coa chegada do cristianismo e o posterior edicto de Teodosio do 391, os artistas abandoan os temas mitolóxicos e os sustituen polos novos de carácter cristián. así, durante case un milenio os deuses e heroes grco-romanos desaparecen da escultura, dos frescos e da pintura. O renovado interese polo antigo a partir do século XV e posteriores, terá consecuencias importantes para a arte, pero, en lugar de imitar a estatuaria da arquitectura clásica, máis ben se inclinará por poñer en circulación os temas mitolóxicos.
Este proxecto ten como principal obxectivo aportar claridade e comprensión a os temas mitolóxicos empregados polos artistas. E a ocasión aporta a posibilidade de presentar amplas secuencias de obras de arte de temas afíns producidas por artistas distintos e de épocas e lugares diferentes. Dado que o sentido artístico é o que domina neste proxecto, a ausencia de algúns deuses e heroes débese sencillamente á escasa acollida da que gozaron entre escultores e pintores. E viceversa, o amplo espacio reservado a un deus ou heroe, débese á súa gran difusión na arte.

Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Autora: Teresa C. Moure Pena
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0