Saltar navegación

A Mitoloxía na Historia

A Mitoloxía na Historia

No mundo antigo a educación baseábase fundamentalmente no coñecemento da literatura, e máis concretamente de Homero, no caso grego, e Virgilio, no mundo romano. Antes de saber ler, e neno grego xa tivera que aprender de memoria oralmente todos os poemas homéricos e, por tanto, o coñecemento da mitoloxía constituía unha parte fundamental da educación. Era imposible o cultivo de calquera xénero literario sen poseer un coñecemento dos personaxes mitológicos e das escenas da mitoloxía que proporcionaban exemplos de situacións de todo tipo: amorosas, heroicas, políticas, etc.

Si a mitoloxía era un á parte da educación,  e os cristiáns, a partir de san pablo, decidiron asimilar a paideia grega, e haer compatible a súa relixión co ensino dos mellores filósofos pagáns, estaba claro que non podían rexeitar todas as historias contadas por Homero. Podían ser aceptados, pero o que non debía facerse é tomalos ao pé da letra, do mesmo xeito que non se debían practicar os cultos a eses supostos deuses, negándose, sobre todo a ofrecerlles sacrificios.

Hai, pois unha continuidade, pero tamén se introduciu un corte, en tanto que os deuses tradicionais xa non son o sostén da cidade, e en tanto que a ausencia do culto reduce a súa realidade á dunha ficción que progresivamente se irá reducindo aos límites da imaxinación dos eruditos.

A caída do Imperio Romano e a decadencia da tradición clásica traerían como consecuencia un cambio na consideración dos deuses pagáns que iría configurar unha parte do tratamento altomedieval do problema. Os deuses dos gentiles non volverían ser tomados en serio.

Será san Agustín quen na súa “Cidade de Deus” equipare aos deuses do paganismo cos demos do cristinanismo ou coas almas dos defuntos e quen considere ás relixións pagás como unha caída desde unha verdadeira relixión primigenia a unha serie de falsas normas de crenza e de culto que deben ser abolidas a partir da chegada de Cristo. Os deuses da Antigüedad non deberán ser tomados como alegoría, senón como manifestacións indubidables do poder do demo. Esta postura suporá o rexeitamento da tradición clásica e animará o desprezo cara á mitoloxía e o seu estudo a comezos da Idade media. Pero a identificación entre cultura e mitoloxía será tal que os renacementos desa época levarán á vez o impulso dos coñecementos, agora xa meramente eruditos dos deuses pagáns, que comezarán a ser admitidos baixo unha pátina de moralización, que non fará máis que continuar coa alegoría clásica.

O florecimiento dos estudos clásicos na época renacentista será un dos factores que impulsen o estudo da anatomía. Pero agora as figuras e os personaxes da tradición clásica serán utilizados como emblemas na arte. Cada personaxe pasará así a converterse nun símbolo máis ou menos estereotipado dotado dun contido fixo. Estamos no mesmo caso que na Idade Media, o mito continúa funcionando como alegoría. A diferenza consistirá en que nestes momentos posuirase un coñecemento moito máis minucioso dos mitos clásicos.