Saltar navegación

O Ciclo de Zeus

Zeus, pai de todos os deuses, foi obxecto de culto en toda a antigüidade. En Roma identificóuselle con Júpiter , deus venerado no Capitolio e ao cal se lle recoñecían os mesmos atributos que ao deus grego. Para os antigos gregos Zeus era a divindade responsable da orde e da xustiza no mundo e xuíz das disputas entre os demais deuses do Olimpo. Directa ou indirectamente, Zeus aparece relacionado en gran parte cos episodios mitológicos representados abundantemente na arte*. Os atributos que lle identifican son o raio e a aguia. Así é como se lle representa na cerámica antiga: ou sostendo ou a piques de lanzar un raio, ou en compañía dunha aguia. Xa se mencionou que o raio foi un agasallo dos cíclopes, mentres que a aguia asóciase ao deus por ser a máis forte das aves, soberana das alturas e da vista máis aguda.

A pesar de todo dentro do ciclo iconográfico do deus Zeus o máis representado en arte foron os episodios relacionados cos seus escarceos basicamente amorosos. Das súas unións con outras deusas, e mesmo mulleres mortais, naceron moitos dos deuses do Olimpo e heroes. Segundo conta Hesíodo na Teogonía, do amor entre Zeus e Leto, filla do tirano Ceo e da tiránide Febe, naceron os deuses Apolo e Artemisa.

Mediante unha astucia, Zeus posuíu á mortal Almene que concibiu a Heracles (Hércules); tamén se uniu a Semele que concibiu a Dionisio. Namorado de Danae, o deus posuiraa en forma de choiva de Ouro e desta unión nacerá Perseo.

                                                                                                                          

                                                                                                                                             

A miúdo Zeus transformarase nun animal, tentando con iso ocultar as súas traizóns a Hera e conseguir o seu obxectivo ás agachadas. Para unirse a Leda, esposa de Tíndaro, Zeus transfórmase nun cisne; da súa unión con Zeus, a muller poría un ovo dos cal xurdirán Cástor e Pólux.

Outro episodio narra que vendo xogar preto do mar á nova e bela Europa, filla dun rei fenicio, Zeus se transformou nun touro branco que se agachou aos pés da nova. Vencido o medo, Europa acariñou ao animal e montouse nel. O touro con ela na grupa, galopó a través do mar até alcanzar Creta. Alí posuíuna e de uniuna naceron Minos, Sarpedón e Radamantos.

Por outra banda, as predileccións amorosas de Zeus non se limitan unicamente ás mulleres. Nas montañas preto da cidade de Troia, vivía un raparigo de beleza inigualable; o seu nome era Ganímedes. Zeus ráptao e lévallo ao Olimpo onde se converte en copeiro dos deuses. Nas representacións antigas Zeus represéntase levándose ao raparigo ao Olimpo.                                       

                                                                                                                

                                                                                                                                  

A partir do século XVI, as aventuras amorosas de Zeus converteranse nun tema moi difundido na pintura; gran parte dos pintores do Renacemento dedicaranlle algunha das súas obras a un episodio mitológico relacionado, directa ou indirectamente con el. Danae e a choiva de ouro, Leda e o cisne, O rapto de Europa ou O rapto de Ganímedes serán os temas máis recorrentes.

Zeus de Olimpia

No templo de Zeus en Olimpia se adoraba unha das estatuas máis sorprendentes da antigüidade clásica: a estatua de Zeus realizada por Fidias. Era unha xigantesca escultura que alcanzaba os 12 metros de altura e dunha anchura tal que ocupaba todo o espazo da cella.

A grandeza desta escultura non só respondía ao seu tamaño senón que tamén estaba relacionada coa magnificencia dos seus materiais; a obra era unha escultura crisoelefantina, e dicir realizada en marfil, ouro e incrustacións de pedras preciosas. A imaxe aparecería sedente no seu trono feito de madeira de ébano e con adornos en marfil e ouro. Estaba adornado con exquisitos relevos que despois serviron de base á realización de esculturas individuais e exentas. sabemos, por descripcións posteriores, que nun lateral Fidias representou o nacmento da deusa Atenea.

Zeus se representaba ataviado cun pano que lle cubría a parte inferior do corpo e as pernas mentras que o torso se representaría espido. Nunha man levaría o cetro coroado por unha águia mentras que na outra sostiña unha pequena escultura dunha niké alada, símbolo da victoria.

lamentablemente a imaxe pérdeuse e o que coñecemos da estatua é en gran medida grazas as descripcións que fai o xeografo e historiador Pausanias nos dez libros da Descripción de Grecia.

Traballando coa Inoconografía de Zeus

Nas obras de arte que presentamos anteriormente aparece a imaxen de Zeus representada indirectamente. Agora busca obras de arte de todas as épocas nas que aparezca o deus grego presentado cos seus atributos.