Os Mitos na Historia da Arte
Na Historia da Arte os mitos relacionados co creación do mundo, o nacemento dos deuses e Zeus como soberano do Olimpo tiveron unha difusión innegable. A maioría dos mitos que vimos nos episodios anteriores aparecen representados en gran cantidade de cerámicas gregas e en abundantes esculturas tanto romanas como gregas.

Atenea loitando contra os xigantes (Altar de Pérgamo, II a.d.C. Museo de Pérgamo-Berlín)
Autor: Francisco Javier Talavera, BlogArte e Historia, 2013
Ao longo da Idade Media os mitos gregos desaparecen da arte e non será ata a época do Renacemento cando, despois dunha larga ausencia, reaparecen. Pero algúns mitos perden popularidade, mentras que outros acadan unha gran predilección por parte dos mecenas e dos artistas. Sen dúbida, do episodio da orixe dos mitos, o tema que gozará dunha maior proxección dentro das artes plásticas, será o de Cronos; un relevo en mármol de Agostino Ducio, de 1456 representa ao deus aferrando a un dos seus fillos, mentras que unha pìntura do século XVII e unha do século XVIII, debidas respectivamente a Rubens e Goya, poñen o acento no aspecto cruel e terrible do mito de Cronos devorando aos seus fillos.

Cronos de Agostino Duccio (Templo Malatestiano, S. XV. Tomada de: Blogscriptori de Martín Domene)
A comenzos do século XVI, o pintor fiorentino Pietro di Cosimo retomará as historias de Prometeo que continuarán sendo a inspiración de moitos artistas ata comenzos do século XIX, cando o pintor francés Gustave Moreau realiza unha serie de obras, entre pinturas, acuarelas e esculturas, centradas no tema do infeliz aliado dos deuses.
O mito de Prometeo (Pietro di Cosimo, 1515, Tomado de: Wikipedia, 2016)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0