Arduíno

Ir a Arduíno en tecnoloxia.org

Xogando co son

Descrición:

Nesta sección imos facer que se emitan diferentes sons utilizando a función tone.

tone(pin, frecuencia, duración); Xera un son sobre o pin indicado
tone(pin, frecuencia); Xera un son sobre o pin indicado
noTone(pin); Finaliza o que estea soando no pin indicado

Notas:

Nota Nome Frecuencia Retardo μs
Do C4 261.63 1915
Re D4 293.67 1700
Mi E4 329.63 1519
Fa F4 349.23 1432
Sol G4 392.00 1275
La A4 440.00 1136
Si B4 493.88 1014

Para facer soar cada nota o que facemos é facer que o sinal oscile cunha frecuencia determinada.

notas

Aquí tes información sobre as frecuencias correspondentes ás diferentes notas:

Material:

  • Arduino UNO e placa de prototipos
  • LEDs (verdes, vermellos e amarelos)
  • 1 Pulsador de contacto
  • Resistencias: Para os LEDs: 560Ω (ou outro valor menor que 1kΩ) Para os pulsadores: 10kΩ
  • Un zumbador piezoeléctrico ou no seu lugar un altofalante de 8Ω de impedancia cunha resistencia de 100Ω conectada en serie con el.

Montaxe:

Conectamos dous LEDs coas súas resistencias de protección nos pins 12 e 13, un zumbador piezoeléctrico no pin 4 e un pulsador coa súa resistencia no pin 2, tal e como aparece no seguinte esquema: