Arduíno

Ir a Arduíno en tecnoloxia.org

Melodía

Descrición:

Imos facer que un altofalante conectado nunha saída dixital emita unha melodía

Programa:

  • Creamos unha variable para detectar o estado do pulsador
  • Utilizamos a función tone(pin,frecuencia,duración) ou tone(pin,frecuencia) para definir o son

Propostas:

Conecta dous interruptores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección e, utilizando as funcións condicionais, resolve os seguintes problemas:

  1. Mellora do programa “Melodía”: Fai que ao premer un botón soe unha melodía de maneira sincronizada co acendido e apagado duns LEDs.
  2. Sintetizador: Utiliza varios pulsadores para crear un sintetizador musical. Por exemplo, con 2 pulsadores p1 e p2, ao premer no p1 prodúcese un ton de 400Hz e se prememos no p2 prodúcese un ton de 2600Hz.
  3. Variando as notas: Conecta un zumbador piezoeléctrico ou un altofalante. Fai que ao mover o cursor do potenciómetro cambie a frecuencia do ton emitido polo altofalante, desde a nota do a 261.63 Hz ata o si a 493.88Hz. Utiliza a función map para facer a conversión. y = map(x, ax, bx, ay, by);