Saltar navegación

Propiedades mais relevantes do texto expositivo

  • Función: Adquirir coñecementos específicos sobre un ámbito ou tema. Transmitir un saber social logrando que a persoa destinataria comprenda.
  • Léxico: Particular e específico dun tema. Require comprensión (hai que axustar as estratexias lectoras a cada tipo de texto, por ex. busca de palabras descoñecidas): manada, lobato, lobezno, aullido, macho alfa,…
  • Estrutura: Determínaa a persoa autora e é moi útil coñecela antes de ler o texto. O índice da unha categorización das ideas que a persoa autora  formula e é importante coñecelas. Isto é tamén unha estratexia para deducir a importancia que  lle da a certos temas. Pode adoptar formas variadas: descritiva, comparativa, causa-efecto,…
  • Tipografía e formato: Serven para guiar a atención de quen le (capítulos, índices, títulos,…) Hai que ensinar a empregalos, xa que remarcan as partes de maior relevancia. Posibilitan unha visión superficial  anticipan información, (estratexias para resaltar información: negrita, cursiva, comillas,…)
  • Modo de lectura: Ler para aprender. Lectura lenta, repetida para profundar en determinadas ideas. Require do uso de esquemas, consultar índices, resumir, saltar un parágrafo a veces, reler,… para mellorar a comprensión e transformar o aprendido.
  • Relación co real: moi alta, a información  ten que estar contrastada e ser certa.
  • Uso posterior á lectura: Gardalo e volver a consultalo.
  • Título: Anticipador, tamén ten subtítulos.
  • Relación imaxe-texto: É alta, fotos, esquemas, táboas de datos,…
  • Soporte: Enciclopedias, revistas especializadas, libros de texto, monografías,…