Saltar navegación

Organización e realización das actividades

As fundamentais nesta fase foron de busca e lectura dos textos, organización e selección. Reflexionamos acerca de que información responde aos interrogantes que nos formulamos e que guían o proxecto, cales quedaron sen respostar e recolleremos aqueloutra que tamén resultou significativa.

Posteriormente as actividades foron encamiñadas á escritura dun breve texto expositivo por parte do alumnado, recollendo os aspectos máis destacables e interesantes para nun proceso de reelaboración da información recibida a través das distintas fontes manexadas.

Debido á corta idade das nenas e nenos (3 anos) realizamos fundamentalmente pés de fotos.

Desenvolvemos un importante proceso de observación que se veu reflectido nas súas producións plásticas. O debuxo foi outro recurso para que o alumnado poida expresar os seus coñecementos.

En canto ao sistema de escritura as actividades versaron fundamentalmente en traballar con letras móbiles algunha palabra do léxico específico deste proxecto: lobo, manada, camada, lobato, ouveo,… e tarxetas que recollían palabras significativas.

Lectura de textos

Escritura de textos

Textos finais

Selección e escrituras de pés de foto

Pegadas

Tranquilo e atacando

Canto pesa un lobo?

Canto mide un lobo?

Morfoloxía

Mirada de lobo